ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Na punta do pé” é o primeiro traballo discográfico de Pesdelán. Un libro-cd-dvd coas músicas, as partituras, os esquemas rítmicos e as coreografías, gravadas en vídeo para aprendelas máis doadamente. A música e as danzas pertencen ao patrimonio galaico-portugués. O Fórum do FNAC de A Coruña acolle este venres, 7 de xaneiro, ás 18:30 da tarde, a presentación-concerto para cantar e bailar
Pedeselán quere recuperar a cultura participativa das festas para que cativos e maiores se poñan a cantar e a bailar. “Na punta do pé” anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego, portugués e mirandés, dun xeito divertido e participativo.
A obra, editada en Galicia e mais en Portugal (Pezinhos de lã) por Kalandraka conta coas peculiares ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos artistas plásticos máis prestixiosos do actual panorama artístico portugués.