ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Rosa Aneiros chega apurada, mais sen perder o sorriso: vén de Santiago, despois de rematar a súa xornada de traballo, e fai unha parada nos estudios de Radiofusión, camiño de Ferrol para presentar a súa última novela Sol de inverno, Premio Xerais 2009.
Sol de inverno, conta Rosa, é, antes de nada, a historia de Inverno, a protagonista, desde a súa adolescencia nunha aldea galega ata que a Guerra Civil a arrinca do seu paraíso e a leva nun doloroso éxodo a Barcelona, Francia e, finalmente, A Habana. Trátase dunha novela onde a historia real se mistura cos mitos nunha complexa reelaboración que fan os personaxes cargados de memoria.
Rosa resalta a importancia da memoria e mostra na novela como a negación da memoria pode agachar o rexeitamento a aceptar a propia identidade, como acontece con algúns dos personaxes. A memoria é tamén un filtro curioso que, a través da subxectividade, elimina o superfluo e conserva a esencia, moitas veces puras emocións ou percepcións extraordinarias capaces de condensar o ambiente dunha cidade ou un momento histórico, unha conversa ou unha vida enteira. Por iso Rosa cando escribe intenta, por riba de todo, chegar aos seus lectores apelando ás súas emocións.