ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Escoitar dicir ás mamis ao saír do concerto - que ben o pasamos, non? - iso é fabuloso”, así valora Brais Gutiérrez Ríos, a reacción do público dos seus espectáculos para crianzas no que se transforma en Brais das Hortas para facer as delicias dun público familiar que pode desfrutar dun espectáculo total, coidado ata o milímetro; música, letra, escenografía e mensaxes escollidos con coidado por un artista que leva nos escenarios case 30 anos.
Brais Gutiérrez é músico e cómico desde 1996, aínda que seguramente as dúas facetas véñenlle de serie. Toca a guitarra eléctrica, clásica, acústica e portuguesa, o laud árabe, a frauta chinesa, o caixón, a frauta chinesa, batería de refugallo, darbouka, karkaba, …
Pero ademais compón músicas e letras e artella espectáculos para público infantil, aquí a súa personalidade como Brais das Hortas, tanto en solitario como, por exemplo, con Peter Punk, nos que é quen de “capturar” ao público familiar por igual ofrecendo música divertida e textos con mensaxe que ademais de divertir fannos pensar.
Cando xurde o seu “alter ego” adulto, Pepe King une forzas coa diva Bieita James, Iseo Agilda, e ofrécennos ese dúo estelar que é Blues do País.
Neste episodio de Sons de Nós tivemos a sorte de conversar con Brais Gutiérrez, un cómico – músico que dificilmente pode separar as dúas facetas e sempre, sempre, nos fai feliz.
Fotografía: Charlatana
Publica o teu comentario agora