“Rúa Aire”, unha viaxe polos resortes da fantasía

“Rúa Aire”, unha viaxe polos resortes da fantasía

31 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Retrete de Dorian Gray, en coproducción co Centro Dramático Galego, presenta “Rúa Aire”, de Jordi Farres no centro Cultural Torrente Ballester. Trátase da primeira peza de títeres feita con globos que van amosando miles de formas, de seres humanos, animais e outras personaxes a través dunha posta en escena diáfana pola súa sinxeleza.

O Retrete de Dorian Gray pretende explorar en “Rúa Aire” os escabrososterritorios do teatro visual, o teatro físico e a manipulación de obxectos.  Todo iso sen esquecerque o espectador está aí adiante, ou aos lados, emesmo detrás, de modo que, para non deixalo delado, investigan formatos próximos nos que ver unespectáculo sexa algo máis que un estímulo oculare auditivo. Iso é o que pretenden. Que o consigan xaé outra cousa. 

A compañía xurde no ano 2005 froito da unión das traxectorias do lugués Marcos PTT Carballido e a madrileña Ezra Moreno coa finalidade de afondar no mundo do teatro visual, físico e de manipulación nde obxectos. Ambos posúen unha sólida carreira, abranguendo campos como os do clown, a maxia, o cabaré, a globloflexia, os títeres ou a interpretación. No seu haber profesional atópanse nomes tan sonados como Los Lunnis, Las noticias del guiñol, Chévere ou Pistacatro. 

Este pesadelo inflable represéntase no Centro Cultural Torrente Ballester o sábado ás seis da tarde e o domingo ás doce do mediodía.  

Cultura