“San Antonio é un disco moi mariñeiro”

“San Antonio é un disco moi mariñeiro”
14 de Marzo, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Aló por 2003 Cudi  e Chevis, amigos e veciños de Cedeira, deciden pór en marcha unha nova formación coa que “gozar facendo o que máis nos gusta, rock and roll”. Nacían deste xeito Los Eternos.

ESCOITA O PODCAST:

Non foi esta unha casualidade, porque Chevis e Cudi xa tiñan creado Os Maruxa anos atrás, mesmo tiñan editado un sinxelo e un LP, pero este proxecto non tivo continuidade ata que volveron a atoparse e dese reencontro nacía un proxecto con máis de vinte anos de vida.

Cando estaban no seu mellor momento, tras editar “Back on the Road” coa Warner, no 2010, os de Cedeira tiveron que parar. Aquel disco tiñades dado moitas alegrías e unha máis que espléndida acollida con 11 nomeamentos aos Premios da Música.

En 2018, Os Eternos anuncian a súa volta, e fanno meténse no estudo para gravar o que será o seu novo disco Ventos Solitarios que editan en 2019 e no que dan un xiro e abandonan o inglés nas súas composición. Os textos estaban feitos, decidiron traducilos porque tiña máis sentido naquel momento.  

Agora veñen de iniciar unha nova andaina, non en canto estilo musical, fidelidade absoluta á súa traxectoria, un traballo intenso e emotivo co que continúan pescudando nas raíces da música americana, pero, por primeira vez, en galego. San Antonio contará con pezas en galego coa naturalidade de quen o fala de xeito habitual e defende as pezas que compón na lingua de seu e porque de San Antonio, ese espazo dende o que se contempla o mar de Cedeira,  o lugar do que saíu a inspiración para a maioría das cancións do disco.

...“Porque as pezas falan da nosa terra, do noso mar, das nosas tradicións, da nosa xente... de amor, de dor, de vida e de morte.... Unha viaxe dende Punta Candieira  ao Mar dos Balandros cargada de saudade e de cancións que impregnan o corpo de salitre. Do salitre do mar, do salitre das bágoas.” 

Esta é a presentación que Los Eternos fan do seu novo traballo, San Antonio, un traballo que é, con certeza, o máis persoal dos feitos ata o momento.

Fotografía: XanXe

 

Cultura

Publica o teu comentario agora