“Se non se comunican, as loitas non existen”

“Se non se comunican, as loitas non existen”
08 de Abril, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que cren no poder da comunicación como ferramenta de transformación social.

ESCOITA O PODCAST:

O seu principal obxectivo é utilizar as ferramentas de comunicación para conseguir esa transformación social a través de proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o Cambio e Acción Social.

Creada en maio de 2008, AGARESO defínese como unha organización non gobernamental de desenvolvemento laica, comprometida politicamente pero apartidista. Estamos convencidas e convencidos de que a comunicación é unha disciplina imprescindible cara a unha reflexión social colectiva, o empoderamento dos individuos/as, a defensa dos dereitos humanos e o desenvolvemento dos pobos. 

Rocío Cadahía, Presidenta de AGARESO, preséntanos a esta entidade cuxos integrantes están comprometidos co deseño, a produción, realización e difusión de proxectos de cooperación que contribúan á creación dunha cidadanía máis crítica e capacitada para a loita contra a desigualdade global.  

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora