ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un programa para gozar co corazón é o lema co que Antena 3 vende “Sexo, mentiras y alguna exclusiva” o novo espazo para rexoubar que anda colocando por distintas franxas horarias. Para gozar co corazón e para padecer co estómago podería ser a reveladora continuación do leit-motiv. Nin a transformación en ‘ketchup’ do “Tomate” asusta aos executivos na procura da audiencia pol
Ver de novo a Santiago Acosta, o inefable condutor de “Salsa Rosa” manexando os fíos dun programa de miserias do famoseo provoca a mesma sensación que cando un equipo de fútbol contrata a Javier Clemente. Sabes que o xogo non vai ser bonito, que haberá pouco pase, moito balón longo e que o resultado máis espléndido ao que podes optar é o empate a cero goles. No caso de Antena 3 e os ‘shows’ do corazón, un case se conformaría con derrota pola mínima.
Lemos que unha das seccións do programa elabora unha clasificación de cus paranormais, facendo unha prospección da celulite das famosas, e nada apostamos xa pola vitoria desta idea. Pero como cando non estás satisfeito cun técnico e dubidas se botalo porque ten unha alta cláusula no contrato, a Antena 3 pódenlle máis as gañas de gardar os cartos no peto que as de abrir as fiestras e airear a casa, así que “Sexo, mentiras y alguna exclusiva”, despois de danzar pola medianoite, aterra a un horario estelar, ás dez, para ver se anota no último minuto e salva o partido.