ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Sol de Inverno”, da escritora e xornalista nada en Valdoviño (A Coruña) Rosa Aneiros é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital da protagonista da novela, unha muller chamada inverno. Ésta habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra. A obra foi galardoada co Premio Xerais 2009.
No periplo de Inverno darase conta das circunstancias da fuxida a Francia apasando polo emblemático barco Ipanema. Outros percorridos que se fan ao longo da historia son exilio cubano e revolución castrista e a viaxe ao París do maio do 68.
Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés. Un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes.
Aneiros constrúe en Sol de Inverno un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.