“Supervivientes” (Telecinco, 22 h.)

“Supervivientes” (Telecinco, 22 h.)

05 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Puntuais, todos os xoves, estaremos de agora en diante perante a pantalla, agardando á noite na que Aída Nízar, agochada nun recanto escuro da xungla hondureña, co cranio rapado e afeita como está aos discursos grandilocuentes e a falar con ela mesma en voz alta, comece a musitar as palabras de Kurtz en “Apocalypsis Now”: “O horror, o horror”. Algo así como camiñar cara o corazón das tebras debe ser pasar tres meses de fame e pe

Esgotada cada vez máis a fórmula de “Gran Hermano”, sometida entre o balbordo inaturable dos seus concursantes, “Supervivientes” revélase cada ano como o reality máis en forma de Telecinco por  facer de carne, pouca, e oso, moito, o desexo de boa parte da audiencia de ver sufrir penurias a todos cantos nos atronan os miolos dende os platós da cadena amiga. Canda os populares, compartirán concurso, como é norma, uns poucos concursantes do populacho, e todos eles descubrirán que están feitos da mesma materia: a catódica. Especial merece o exilio selvático do campión de 1.500 metros Reyes Estévez, que busca un bo retiro alleo aos tronos da Operación Galgo contra a dopaxe. As casas de apostas abren xa as súas listas para apostar polo triunfador desta nova aventura, e sobre todo por ver se alguén é capaz de superar os dous meses de estrinximento de Santi Abad nunha edición anterior. A merenda caníbal comeza a partir das dez da noite. 

Sociedade