“Unha primavera de conto” en Boiro

“Unha primavera de conto” en Boiro

24 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Baixo a denominación  “Unha primavera de conto”, durante os próximos meses de abril e maio, a Biblioteca Pública Municipal de Boiro dentro do seu programa anual de promoción da lectura, vai desenvolver diferentes sesións de contacontos  nos próximos meses de abril e maio.

O obxectivo principal desta actividade é crear un espazo de encontro dos nenos e nenas cos libros e a lectura, ao tempo que se dá a coñecer o fondo bibliográfico co que conta esta biblioteca, contribuíndo así á súa posta en valor. Non só se contarán contos, senón que tamén haberá tempo para a creatividade, xa que dita actividade lectora complementarase con outras actividades lúdicas, coma xogos e cancións, tratando así de achegarse aos libros de diferentes maneiras.    

Esta actividade diríxese a nenos/as de entre 5 a 7 anos e levarase a cabo tódolos xoves de 17.30 a 18.30 da tarde.    

As prazas son limitadas, co que é necesario inscribirse na Biblioteca Municipal, (Casa da Cultura “Ramón Martínez López, teléfonos 981 848425 e 981 848410). 

Sociedade