ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Vilamor, a nova película de Ignacio Vilar, estréase este venres en varios cines da provincia lucense. O filme, rodado en galego e inspirado na historia real das comunas que se crearon nos anos 70 en Negueira de Muñiz, proseguirá despois o seu percorrido por salas de toda Galicia cunha estrea cada semana ata o 16 de maio. Paralelamente porase en marcha a xira promocional da "Caravana Vilamor", na que o director e os actores principais percorrerán nunha fu
A película cóntanos a historia de Breixo, un mozo altruísta cheo de boas intencións, que se atopa cos habitantes dunha comuna aparecida nas inmediacións da súa aldea, ao outro lado do río. Malia a súa proximidade ás forzas vivas da vila, déixase seducir polo ideal dun estilo de vida alternativo, e axúdalles aos mozos comuneiros a recuperar a aldea perdida de Vilamor. O filme amósanos como tentan construír un mundo novo: sen propiedade privada, traballando na terra e en total comuñón coa natureza. Métese na pel de Breixo Rubén Riós, protagonista tamén de Pradolongo, a anterior longametraxe de Ignacio Vilar. A debutante Sabela Arán interpreta o principal papel feminino, o de Sonia, unha das comuneiras que se instala na aldea de Vilamor.