ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pepa a Loba foi unha bandoleira do século XIX que acabou por converterse na líder dunha banda de homes que asaltaba á xente rica para axudar ás familias máis desfavorecidas. Este é o nome que escolleron as compoñentes da Banda da Loba para presentarse diante do mundo.
A banda dá Loba deuse a coñecer na escena musical galega con ‘Bailando as rúas’ (2017), ocupando un espazo non habitual e que conquistaron dende o primeiro momento.
ABDL son Andrea Porto (baixo), Acha Rodríguez (violín), Marcela Porto (percusión), Xiana Lastra (voz) e Iria de Cabo (guitarra), que entrou na formación substituíndo a Inés Mirás.
A lingua, e as mulleres feminismo ocupa un lugar fundamental dos valores destas bravas mulleres que lles prestan a súa voz e a súa música a tantas mulleres de moitos xeitos.
Liberdade creativa en todo momento que lles permite abrise a todos os estilos musicais mesturando pop, blues, folk, rock, sons tradicionais... bachata. “Non temos cancelas”, afirman as “lobas” e esa liberdade permítelles “tecer”cancións de moitas maneiras e iso quéreno conservar porque tamén saben que iso é o que esperan quen as escoitan.
A poesía, a escrita das mulleres está sempre presente nos seus traballos, e as “lobas” achéganse a elas con respecto e complicidade, tanto coas escritoras actuais a quen implican directamente neste achegamento; como coas que xa non están, pero teñen unha presenza tan actual e contundente como a “eterna” Rosalía.
Lovismo, o seu último traballo musical xa está na rúa e non defrauda en ningunha das pezas que contén. A banda está a presentalo nos escenarios e esta será a principal actividade deste ano das lobas.
Dou encomenzo pensando;
despois, gustoulle pensar;
e deste gusto ó deseio a toda presa se vai.
E decote descendendo,
descendendo sin parar,
desde o deseio ó pecado a toda presa se vai.
Este Pelouro que roda, que Rosalía de Castro incluíu no seu poemario Follas Novas en 1880, é un dos poemas protagonistas deste novo traballo da Banda da Loba; non se pode ser máis actual para falar do desexo e a paixón.
Publica o teu comentario agora