1ª Party, unha performance interactiva co público

1ª Party, unha performance interactiva co público

08 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O espectáculo de danza contemporánea, a performance “1ª Party” a cargo de  Cristina Montero,  convertirá este serán o escenario do Jofre nun espazo de festa. Nela haberá música e bebida e poderase bailar, beber, falar, observar... simplemente desfrutar. Esta actuación enmárcase no ciclo  “Dentro da caixa escénica”.

Cristina Montero estrease con “1ª Party” no mundo da montaxe. Esta experiencia prodúcelle un gran abano de sensacións,  ilusión e certo medo. Para maior seguridade bota man de persoas que lle apoian e aportan unha visión da súa obra. 

Montero explicou esta mañá en Radiofusión que esta performance é unha mestura de cousas. Deixáse levar polo que ten dentro e que lle apetecía sacar. Ve o espectáculo como unha festa.

O público asistente terá un papel fundamental. Entrará no espazo escénico á mesma altura que a intérprete, modificando a sua actuación e aportándolle un novo enfoque.

A representación comezará ás oito e media. O custe da entrada ascende a 5 euros.

Cultura