ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Descarado, superando a ética, a decencia e a legalidade". Atopámonos con profesorado de Relixión que fai todo o posíbel por ter un maior número de estudantes matriculados e, para iso, todo vale. Quen denuncia esta situación son os Comités, ao toparse cun cartel promotor da clase de relixión nun instituto de Lugo. Non só promove a Relixión senón que promete 10s de nota. Onde está a laicidade do ensino pú
O principio democrático da laicidade inexcusábel das institucións públicas, e en particular no ensino, non é algo para nada propio do Estado español e das súas sucesivas leis educativas. O terreo educativo está plagado de privilexios á Igrexa Católica, consolidados en todas as reformas educativas dos últimos 30 anos, tanto do Partido Popular como do Partido Socialista. Malia isto o que fai a LOMCE é converter á Igrexa Católica na principal patronal no ensino.
Os Acordos coa Santa Sede, a legalización das subvencións a centros concertados que segregan por razón de sexo e que contan cun carácter confesional (católico) ou o mantemento da Relixión no currículum escolar, son exemplos destes privilexios.
"A LOMCE é un exemplo de como os poderes públicos e, neste caso o Ministerio de Educación, ceden ante os sectores máis carcas da sociedade e ante a Conferencia Episcopal. Exemplos disto é a eliminación definitiva da Educación para a Cidadanía ou a imposición dunha materia forte e avaliábel como alternativa á relixión. Aínda sen coñecer os programas e o currículo desta “alternativa” fica claro a pretensión da mesma: garantir que o número de estudantes matriculados na mesma sexa o menos posíbel" segundo os Comités.
Engaden que a Relixión chegará tamén aos dous cursos de Bacharelato e terá consideración de materia de especialidade; a mesma consideración que terá, por exemplo, a asignatura de Lingua Galega e Literatura.