120 Equipos de Normalización Lingüística acordan constituírse nunha Coordinadora

120 Equipos de Normalización Lingüística acordan constituírse nunha Coordinadora

01 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

 

A Coordinadora Galega de Equipos Normalización Lingüística xa é un proxecto real, despois de que mais de 120 Equipos acordaran a súa constitución o pasado sábado nunha xuntanza en Santiago de Compostela. O principal obxectivo que se persegue con esta creación é a busca dunha cooperación que permita compartir expe

Por outro lado, esta nova institución de defensa da lingua realizou un manifesto no que expresou a súa preocupación pola “intención do novo goberno de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo”.

No texto tamén defende a permanencia do Decreto, xa que “supón a superación dunha lexislación, o Decreto 247/95, que, despois de 12 anos de aplicación, tiña demostrado que non estaba respondendo aos obxectivos para os que fora deseñado”. Desde esta coordinadora perséguese “como finalidade última” que o alumnado acade, ao rematar os seus estudos, “unha plena competencia lingüística que o capacite para expresarse oralmente e por escrito nas dúas linguas oficiais de Galicia, no marco dun ensino plurilingüe”.

Outra das cuestións esgrimidas no texto consensuado en Compostela é favorecer que cada centro elabore o seu propio Proxecto lingüístico, documento que debe ser aprobado polo Consello Escolar e que, polo tanto, requira a implicación de toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado, pais, persoal non docente e representantes dos concellos.

Desde a Coordinadora faise un chamamento a todos os Equipos de Normalización para apoiar o texto enviando un fax ao 981. 800 064, identificando o centro educativo e o concello no que está situado, así como o nome e apelidos do coordinador ou coordinadora xunto co seu nº de DNI e o seu correo de contacto para facilitar a comunicación directa cos equipos no futuro. Tamén pode acudirse á páxina web http://www.coordinadoraendl.org/, habilitada expresamente para este fin

Sociedade