ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máis de 1.200 persoas participarán este domingo, día 14, na XXIX Carreira Popular “Memorial Adolfo Ros” que este ano ten como punto de saída e chegada a cidade de Ferrol. A media maratón sairá ás 10:00 horas da Praza de España e descorrerá polos concellos veciños, dando a volta á ría.
Nesta vixésimo novena edición, os participantes percorrerán 21,097 quilómetros nunha carreira que descorrerá polos municipios de Ferrol, Neda, Fene e Narón. Posteriormente á saída da categoría absoluta, terá lugar a das categorías menores coa distancia dun quilómetro para os benxamíns, e dous para alevín e infantil. Así mesmo, as categorías de cadetes e xuvenís, percorrerá catro quilómetros a partir das 09:30 horas.
Como novidade desta edición, realizarase de maneira paralela un máster de zumba e body combat na superficie da Praza de España. Esta actividade dará comezo ás 11:00 horas e pode participar toda a cidadanía. Habilitará unha carpa para este cometido e para acoller a entrega de trofeos ao remate da Adolfo Ros.