1302 euros para combater o cólera en Haití

1302 euros para combater o cólera en Haití

14 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol destinará un total de 1.302 euros a un proxecto para combatir o cólera en Haití que desenvolve desde o pasado mes de outubro a Organización Non Gubernamental Médicos del Mundo. A axuda, que se entregará á ONG nun acto público que se celebrará no Concello, representa o 7% das vendas rexistradas no IV Nadal Solidario que do 18 de decembro ao 5 de xaneiro se celebrou na Praza de Armas, organizado pola Área de Solidariedade, Coop

Por iso, a concelleira quixo agradecer especialmente á Asociación de Artesás e Artesáns Artefeito Caseiro, á cooperativa de consumo responsable A Xoaniña e ás ONGs Solidariedade Internacional, Axuda en Acción e Mundo Cooperante a súa xenerosidade, xa que altruistamente destinarán esta parte dos seus ingresos a tal proxecto solidario.

Xa polo miúdo, subliñou que nesta zona Médicos del Mundo puxo en marcha unha misión específica para responder ao brote de cólera que inclúe diferentes accións, sendo unha delas a apertura dun Centro de Tratamento de Cólera con capacidade para 50 camas. Tamén instalou unha Unidade de Tratamento de Diarreas con sete camas no Hospital de Notre Dame en Petit Goave e realiza visitas aos domicilios dos pacientes, levando a cabo labores de desinfección das vivendas, letrinas e arredores. Así mesmo, o proxecto inclúe a formación de 400 persoas doutras ONG que á súa vez son as encargadas de formar a outros educadores. A todo isto súmase o envío de material e fármacos (antibióticos, cloro para a potabilización da auga, sueros de rehidratación, etc.) e actividades de educación para a saúde en colaboración coa organización local Jaderh, mellora de auga e saneamento dos campos de desprazados Brija e Cocipred.

Segundo informou a concelleira María López, na actualidade Médicos del Mundo conta con 13 cooperantes expatriados e 80 profesionais haitianos que traballan nos proxectos de post emerxencia tras o terremoto producido hai un ano –o 12 de xaneiro- e de resposta ao cólera, dos que se están a beneficiar 14.00 persoas -estímase que 2.500 pacientes recibirán tratamento e máis de 11.500 os beneficiarios destas campañas de sensibilización e educación para a saúde-.

O Nadal Solidario tivo como obxectivo achegar á poboación unha alternativa na que practicar un consumo consciente e responsable nas datas de Nadal, ofrecendo a posibilidade de mercar artesanía local, produtos ecolóxicos e de comercio xusto -estes últimos, unha alternativa ao comercio convencional que lles permite aos produtores do Sur un acceso directo aos mercados do Norte e garante que se lles paguen prezos xustos para que poidan levar unha vida digna e se protexan os dereitos fundamentais das persoas-. Ao mesmo tempo, son produtos de calidade con procesos respectuosos co medio ambiente e co ser humano.

Sociedade