1330 atletas inscritos na XXXI Carreira Popular de Negreira

1330 atletas inscritos na XXXI Carreira Popular de Negreira

04 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Un premio en metálico de 1000 euros recibirá o atleta gañador da XXXI Carreira Popular que este domingo 7 de novembro percorrerá as rúas de Negreira. Radiofusión relatará en directo os 10.000 metros dunha das probas atléticas máis importantes de Galicia. A saida realizaráse ás 11,30 e a entrega de trofeos está prevista para as 13,30 h. Os premios en metálico teñen igual contía nas categorías de ho

Recomendacións para os atletas participantes na XXXI Carreira Popular de Negreira

O teu estado de saúde debe ser perfecto. Si por calquera circunstancia padeceches febre ou tiveras recentemente unha lesión, non tomes a saída. A semana previa á carreira non te prodigues nos teus adestramentos:

1.- Evita tomar baños de auga quente o día anterior á proba, xa que disminuirá o teu ton muscular. O día anterior, evita tomar alimentos diuréticos (como café e alcohol), xa que axudan á deshidratación.

2.- É preciso presentarse á carreira con un mínimo de adestramento.Si eres corredor popular ou afeccioado ten en conta que as carreiras débense preparar, o menos, durante tres meses. Non existen plans de adestramento miragreiras Antes da competición, son moi importantes os estiramentos, incidindo, fundamentalmente, nos membros inferiores. Orina media hora antes de empezar a correr. Non se debe correr coa vexiga vacía a fin de evitar rozamentos nas suas paredes.

3.- Si acostumas a desaunar, faino preferentemente con líquido e procura correr coa dixestión realizada. Os días previos á proba é convinte una dieta rica en hidratos de carbono.
4.- Durante a carreira débense facer caso das asistencias e dos xuices.

5.- É convinte que bebas durante o percorrido.Recoméndase beber antes da saída e, posteriormente en todos os postos de avituallamento. No esperes a ter sede. Finalizada a proba, ainda que non teñas apetito, toma zumos de froita, líquidos e solucións de hidratos de carbono. Recorda que para inxerir líquidos ou sólidos durante a carreira, previamente debes ter adestrado para o mesmo.

6.- O finalizar a carreira, non te quedes parado, anda, fai estiramentos ou trota moi suavemente. Tras a carreira, é convinte que a ducha sexa con auga fría para evitar que se extendan as pequenas hemorraxias que se puideran producir nas pernas. Conven gardar reposo ó día seguinte á carreira. Posteriormente, anda ou trota moi suave ainda que sintas molestias.

7.- Utiliza prendas cómodas, non as estrenes o día da proba. Procura que as zapatillas estén "usadas", pero non excesivamente. As zapatillas perden a propiedade de amortiguación a partir dos mil Kilómetros. Débese utilizar roupa transpirable.

8.- Úntate con vaselina esterilizada, ou similar, as axilas e entreperna.

9.- Dosifica o teu esforzo tratando de manter un ritmo regular.Si te chegara "a páxara" disminue o ritmo e contrólate. A partir de este momento o teu organismo só utiliza grasas para obter enerxía.

10.- Antes de abandoar, recorda que a sensación de acabar unha carreira é inolvidable. No abandones inxustificadamente.

Sociedade