15 equipos ciclistas estatais e internacionais competirán por facerse coa III Edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo

15 equipos ciclistas estatais e internacionais competirán por facerse coa III Edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo

20 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os mellores ciclistas afeccionados competirán pola III Edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo – Gran Premio Deputación e que se desenvolverá os días 28, 29 e 30 de maio en varias zonas da Mariña, Lugo, Ancares e Monforte. Na competición, que presentou hoxe  o vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, participarán, ademais do local Cidade de Lugo, os galegos do Chin Autronic de Vigo, Aluminios

O éxito das dúas primeiras edicións é “sinónimo dun futuro prometedor”, segundo afirmou, na súa intervención, Antón Bao. Para o responsable provincial este evento encaixa perfectamente coa política da vicepresidencia primeira xa que “ o noso obxectivo é fomentar a práctica do deporte, sexa cal sexa a súa disciplina, en todas e cada unha das comarcas lucenses”. Así, o nacionalista resaltou que “seguimos traballando para descentralizar a práctica e a organización de determinados eventos deportivos”, un feito que suporá “un forte impulso socioeconómico” para as zonas nas se poñan en marcha este tipo de iniciativas. Bao tamén lembrou que se disputa unha etapa pola comarca dos Ancares no Courel, como unha especie de homenaxe deportiva no recordo do poeta de alí homenaxeado este ano polo día das letras galegas, Uxío Novoneyra.

Antonio Veiga, delgado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, explicou que coa organización desta III Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo “queremos recoller para pór en valor conxuntamente as potencialidades dos nosos ciclistas e do noso territorio, facendo que o transcurso da competición ciclista sirva tamén para facer conscientes a propios e alleos dos valores do noso territorio e paisaxe, e que isto repercuta socieconomicamente na zona”.

Pola súa banda, o presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, Eugenio Paz, agradeceu o esforzo que a Área de Deportes da Deputación fixo desde os seus inicios por poñer en marcha esta proba ciclista e o constante apoio, sobre todo neste ano, lembrou, no que moitas probas ciclistas por etapas tiveron que deixar de celebrarse pola baixada do apoio económico por mor da crise.

A III Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo disputarase o 28, 29 e 30 de maio, coas etapas Lugo-Lugo, Mondoñedo-Mondoñedo, e Monforte de Lemos-Monforte de Lemos, esta última de gran dificultade para os corredores xa que conta con varios portos de alta categoría.

O Pazo de San Marcos foi o lugar escollido para esta presentación na que, ademais de Bao, compareceron o delegado de Cultura e Deportes da Deputación, Antonio Veiga, así como o presidente da agrupación organizadora Club Ciclista Cidade de Lugo, Eugenio Paz Fernández, xunto aos representantes dos concellos onde parten as etapas (a excepción do de Monforte de Lemos, que non puido acudir e desculpou a súa ausencia) como o alcalde de Mondoñedo, Orlando González, ou o concelleiro de Turismo e Deportes de Lugo, Xosé Manuel Grandío, e Santiago Seijas Alfonso, director da proba.

Sociedade