1500 participantes espéranse este domingo na XXX carreira popular de Negreira

1500 participantes espéranse este domingo na XXX carreira popular de Negreira

04 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Máis de 1.500 participantes agárdanse este domingo 8 de novembro na Carreira Popular de Negreira. A media marathón cumpre 30 anos e por iso o Concello nicrariense quere darlle un relevo especial. Begano Coca Cola patrocina a proba e ofrecerá un agasallo para todos os corredores. Tamén a marca de prendas deportivas Joma entregará aos gañadores unha camisola especial da carreira.

Radio Negreira e Radiofusión realizarán un esforzo especial na xornada do domingo retransmitindo a carreira popular entre as 11 e as 13,30 do mediodia.

Deportes