175 loitadores de artes marciais xúntanse en Vilalba no Galibudo 2009

175 loitadores de artes marciais xúntanse en Vilalba no Galibudo 2009

01 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A VII Convención Internacional de Artes Marciais Galibudo-09 vén de ter lugar en Vilalba. A colaboración da Deputación de Lugo e o Concello da vila chairega permitiu unha nova celebración deste evento, que contou con grandes mestres de disciplinas como o Tae Kwon Do, o Jiu Jitsu, Karate ou Kenkido; e que se saldou coa participación de 175 practicantes provenientes de Galicia, Madrid, Tarragona, Guadalajara, Murcia, Valencia, Portugal, USA ou Corea.

Ademais das xornadas de aprendizaxe e adestramentos, durante o Galibudo tamén se celebrou a reunión do Circulo Internacional de Amigos das Artes Marciais, organismo que agrupa diversas actividades de Artes Marciais, tanto a nivel nacional como internacional, e que esta formada por prestixiosos mestres. Nesta reunión formalizouse o calendario de actividades para o ano 2010 e se acordou outorgar o grao de C.N. 6º Dan de Jiu Jitsu ao mestre Luis Sanchez Casasola, de Tarragona; e o C. N. 6º Dan de Kempo Jitsu ao mestre Francisco Fernandez Anaya, de Madrid.

 

 

Formaron parte deste evento deportistas como José Luis Isidro Casas, procedente de Madrid e que é 8º Dan de Kenkido; Benjamin Reis, tamén madrileño, 6º Dan de Karatedo Seidokai; e os coruñeses grao Yudan de Budo Taijitsu, José Manuel Rodriguez Conde, e Rosa Maria Domenech Mestre.

 

O Galibudo 2009 rematou cunha clase multidisciplinar impartida por mestres de Tae Kwon Do, Kempo Jitsu, Jiu Jitsu, Choson Mu Sul, Viet Vo Dao, Nihon Taijitsu, Kimourado e Defensa Persoal Policial. Durante o propio acontecemento tivo luga a homenaxe ao mestre Antonio Enjuto pola súa extensa traxectoria nas Artes Marciais.

Deportes