ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Despois do éxito das dúas primeiras edicións, nas que se achegaron a Ribadeo artistas como a Vargas Blues Band, Blues & Decker ou a F. St. Patrick Big Band, a terceira edición medra e preséntase como un importante reclamo turístico para Ribadeo de cara ao verán. Os concertos realizaranse nun recinto ao aire libre e o cartel inclúe este ano a varios dos artistas que máis destacaron polas súas actuacións en directo nos &uac
Un amplo programa de actividades que se desenvolverán de forma paralela aos concertos fará que toda a cidade respire música desde o 18 de xullo e converterán a Ribadeo na capital do jazz e do blues durante 10 días. Así, haberá conferencias e se agarda a presenza do veterano divulgador de Radio 3 e Radio Clásica Juan Carlos Cifuentes "Cifu", proxectaranse varias películas sobre o jazz e o blues, haberá un mercado do disco, cita obrigada para os coleccionistas e poderase ver o
impresionante traballo fotográfico de Esther Cidoncha nunha exposición.
O vindeiro xoves, 12 de xuño, terá lugar a presentación oficial da terceira edición do Festival Jazz & Blues de Ribadeo, que se celebrará neste municipio lucense entre o 18 e o 27 de xullo. A rolda de prensa para dar a coñecer todas as novidades deste
ano levará a cabo no Concello de Ribadeo, o xoves 12 ás 12.00 horas e contará coa presenza da máxima responsable do Concello en materia cultural, Mari Luz Álvarez Lastra, así como dun dos organizadores do certame, Fernando Martínez Rodríguez.