18 anos sen xustiza para Xosé Couso

18 anos sen xustiza para Xosé Couso
08 de Abril, 2021 - 01:03 h. | Publicada por Radio Fene

Catro candidaturas concorren este ano ao XVII premio "Xosé Couso á liberdade de prensa";  a xornalista, activista e escritora mexicana, Lydia Cacho; as informadoras bielorrusas condenadas recentemente a dous anos de cárcere, Daría Chultsova y Katerina Bajválova; a Plataforma en Defensa de la Libertad de Información e Manuel Rico, actual director de investigación de InfoLibre.

O asasinato

Tal día coma hoxe, o 8 de abril de 2003, hai 18 anos, o cámara ferrolán, José Couso Permuy, caía morto no hotel Palestina da capital iraquí a causa dun bombardeo do exército estadounidense ao hotel no que se aloxaban membros da prensa internacional. Couso trasladarase a Irak pouco antes do comezo da guerra xunto a varios compañeiros dos informativos de Telecinco. Deles quedaron en Bagdad Jon Sistiaga e Couso. O resto do equipo regresara a España dias antes do inicio dos bombardeos. O proxectil do tanque impactou no piso 15 do hotel, resultando morto no acto o xornalista da axencia Reuters Taras Protsyuk. José Couso encontrábase filmando no piso inferior cando resultou ferido de gravidade. Foi trasladado ao Hospital San Rafael de Bagdad, en imaxes que se viron en todo o mundo. Faleceu cando era operado.

Anos pedindo xustiza

A raíz da morte do fotógrafo sucedéronse manifestacións de repulsa e diferentes accións xudiciais para resolver a culpabilidade dos implicados. A día de hoxe continúan as concentracións para pedir xustiza pola súa morte cada 8 de abril desde hai 13 anos fonte á embaixada estadounidense en Madrid porque aínda non se fixo xustiza por parte dos EEUU. Aquí, a Audiencia Nacional condenou ao Estado a indemnizar á familia do cámara ferrolán pero o goberno recorreu esa sentencia con 100.000 euros á viúva e con 41.000 euros a cada un dos fillos, aínda menores de idade cando ocorreron os feitos, por non ter emprendido accións ante outro Estado que incorreu nun delito internacional" a fin de conseguir reparación do dano causado por esta conduta. Isto ocorría en xaneiro de 2020. O Goberno recorría ante o Supremo esa condena ao Estado no mes de marzo de hai un ano. E aí quedaron as cousas.

Premio Xosé Couso

A causa da pandemia, este ano a familia pediu que non se convocase concentración. No barrio ferrolán de Esteiro creouse unha praza dedicada ao xornalista. Nunha placa reza a inscrición: PRAZA DA PAZ JOSÉ COUSO. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol crearon o premio Xosé Couso á liberdade de prensa cuxa edición número XVI en 2020 recolleu o xornalista Lorenzo Milá.

(Imaxe do colectivo "Defende a Galega" Premio Xosé Couso en 2019)

Sociedade

Publica o teu comentario agora