18 corpos recuperados por un home ra

18 corpos recuperados por un home ra
03 de Novembro, 2020 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dúas rapazas faleceron afogadas nun suceso acaecido en xullo de 1971 no lugar da Borrallada en Narón. Sobre as seis da tarde do 12 de xullo, Carmela de trece anos e Elisa de catorce, encontrabanse xogando nas inmediacións dunha gran poza existente na Borrallada, lugar onde hai unha gran profundidade por ter sacado barro para as ceramicas próximas.
As xoves desapareceron baixo as augas.

ESCOITA O PODCAST:

Julio Santos fala do seu traballo como home ra

http://173.255.131.18/audio/031120SANTOS.mp3

Ana Basoa e Julio Santos, en Radio Fene

A Garda Civil iniciou os traballos de salvamento. Sobre as doce da noite, o home ra Julio Santos logrou rescatar os corpos sen vida das infortunadas rapazas. Julio Santos lembra en Radio Fene como se produciu o rescate. A Benemérita non quería deixalo meterse na poza só e sen amarralo.

Outro caso en Astano
 O 16 de marzo de 1979 faleceu o gruista de Astano Francisco Barcia Fernandez veciño de Maniños. Precipitouse á dársena a grúa móbil que manipulaba. Eran as doce e cinco do mediodía cando o infortunado se encontraba manexando o guindastre do que era manipulador, no extremo inferior da grada. Nunha das manobras, unha das rodas se achegou perigosamente ao borde da grada, a máquina basculou e caeu ao mar nun lugar no que hai uns catro metros de profundidade. Un compañeiro tirouse ao mar pero pola oscuridade da zona non puido auxilialo. O traballador non puido abandonar a cabina da máquina e pereceu afogado. Cerca dunha hora despois foi extraída a máquina, quedara boca abaixo, e o corpo de Francisco Barcia se encontraba no interior da cabina.
18 corpos sen vida ten rescatado Julio Santos na súa traxectoria profesional como home ra. Fixo un curso de capacitación en Cartaxena cando cumpría o servizo militar. Empezaron o curso 250 homes pero só aprobaron 7. En setembro de 2021 cumprirá 80 anos e quere bater daquela unha marca cubrindo a nado e con aletas a distancia que separa a ponte de Xubia da boca da ría. Con esa fazaña entraría no libro guinness dos récords.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora