20 desempregados fórmanse en materia de mantemento industrial

20 desempregados fórmanse en materia de mantemento industrial

04 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Un total de 20 persoas desempregadas de Ordes están a participar dende esta semana nun curso de mantemento industrial promovido polo Concello de Ordes en colaboración coa Federación de Industria de Comisións Obreiras de Galicia. As clases, que deron comenzo o pasado luns 31 de xaneiro no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento, celébranse  en horario de luns a venres de 16 a 20 horas, ata o 18 de febreiro.

O curso ten unha duración de 60 horas, e trataranse contidos relacionados coa electricidade, electrónica, neumática, hidráulica e fontanería. 

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, insistiu unha vez máis na importancia da formación á hora de conseguir un emprego, dado o momento que estamos a vivir, e de aí que “a nosa política de emprego se centre neste aspecto co fin de que os desempregados ordenses conten coa mellor preparación para conseguir un emprego de calidade”, explicou. 

Esta iniciativa súmase así á infinidade de cursos formativos dirixidos aos desempregados do municipio que puxo e está a poñer en marcha o Concello de Ordes e nos que teñen participado xa centos de ordenses nesta situación de desemprego.

Sociedade