ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Aínda estamos en 1980 e Dorothé está lonxe de dar por rematado o seu labor de investigación.

Acaba de apearse no tren da Vila da Igrexa e vai petar á porta de Adolfina. Sentan na cociña e comeza a tirarlle da lingua. Pregúntalle polo que cantaban de novas, como eran os ritmos, os toques, as letras. Todo queda rexistrado na gravadora. E despois no Cancioneiro, no que aparecen os nomes de Adolfina e Rosa, pois a musicóloga suíza foi a primeira en Galicia que citou os nomes das persoas que compartían o seu saber. Elas bótanlle duascentas coplas e un canto de Nadal.
Un canto de Nadal que escoitaría o neto de Rosa sendo un neno, alleo ao paso de Dorothé pola aldea. E ese neno, Richi Casás, acabou sendo músico e, na súa curiosidade, achegouse á música tradicional que recordaba nos veráns na aldea. E esa historia, emotiva e impresionante, de como Richi deu coa imaxe e coa voz da súa avoa no arquivo fotográfico e sonoro de Dorothé podemos lela no libro Fuliada na Vila que escribiu moito despois e que editou a Central Folque no ano 2020.
Unha produción de Emisoras Municipais Galegas coa colaboración da Deputación da Coruña
Na imaxen, A Pedreira na súa visita a Sons de Nós (Fotografía: XanXe)
Publica o teu comentario agora