ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Real Academia Galega adica as Letras Galegas do 2011 ao poeta de Monforte Lois Pereiro. A pasada semana a institución publicou o seu boletín número 370, adicado á figura de Ramón Piñeiro. A publicación serve para abrir o Ano Pereiro. Neste exercicio conmemórase tamén o centenario do nacemento de Alvaro Cunqueiro.
Radio Fene e Radiofusión xa rendiron tributo a Lois Pereiro no pasado mes de agosto. Unha mesa redonda na Asociación Veciñal de Perlío serviu para falar do poeta ao que se lle adican as Letras do 2011. O irmán do escritor e decano do colexio de Xornalistas Xosé Manuel Pereiro honraba a decisión da Academia. Unha institución, que ata o momento era un pouco rancia, poñíase ao par do contemporáneo, segundo sinalou o xornalista.
O 2011 será tamén o ano de Álvaro Cunqueiro. En decembro cumpriranse cen anos do nacemento en Mondoñedo dunha das grandes persoalidades das nosas letras. Cunqueiro é un dos grandes tesouros da literatura galega. O escritor mindoniense definia a Galicia nunha entrevista na Televisión Española como un lugar con moi rica tradición oral pero escasa memoria. Tanto a muralla de Lugo como a catedral de Santiago atribuiense aos mouros. Desa rica tradición oral naceu a galería de persoaxes do seu “Merlín e familia”.