23 de abril. Cita a cegas co libro

23 de abril. Cita a cegas co libro

21 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Biblioteca Provincial, dependente da Deputación da Coruña, organiza toda unha serie de actividades o mércores 23 para celebrar o Día Internacional do Libro. Entre elas destaca a biblioteca móbil, unha iniciativa que sairá á rúa para acercarse aos usuarios e dar a coñecer os servizos que ofrece o centro durante todo o ano. Ademais, o centro organiza tamén unha “cita a cegas” cos libros na que os usuarios poderán e

Co mesmo obxectivo de divulgación realizarase unha visita guiada polas instalacións da biblioteca que inclúe unha pequena mostra de libros raros e valiosos dos que dispón este centro. Haberá dúas sesións, a primeira ás doce da mañá e outra ás seis da tarde. Neste caso, é preciso anotarse previamente no servizo de información antes de mañá, martes 22, ás 20.15 horas.  

Actividades infantís
Para os nenos, funcionará tamén un obradoiro aberto a todas as idades no que os participantes realizarán unha postal e un marcapáxinas para conmemorar esta data. Será entre as 18 e as 20 horas no vestíbulo da biblioteca e a entrada será libre, sen necesidade de inscrición previa.

Aproveitando a data, a Biblioteca Provincial organizará outros dous eventos. Por unha banda, tamén na entrada do centro, organizouse a exposición “De la tablilla a la tablet” sobre a historia do libro, e os distintos soportes de escritura que existiron ao longo da historia.

Por último, a partir das 19.30 horas, a biblioteca fará entrega dos premios do III Concurso Palabras de Amor polo que o gañador se levará un netbook, o segundo un MP3, e o terceiro un lote de libros.  

Sociedade