ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nos Estados Unidos, a chamadas teorías da conspiración téñenlles servido de sustento para non poucas películas. Da imaxinación paranoica desenvolvida arredor do asasinato de JFK ou os atentados contra as Torres Xemelgas saíron xa senllas películas de Oliver Stone, e hai por aí máis cintas que elucubran sobre o feito de que a xente do común somos monicreques nas mans do poder e que non sabemos da misa a media. Na ficci&oacut
Conta en dous capítulos a historia do Golpe de Estado máis ‘chusquero’ que se recorda, no que un home con tricornio, pistola en man no Congreso resumiu a idiosincrasia ibérica nun único exabrupto: “Se sienten, coño”. Grazas a que a cousa tivo final feliz, aínda podemos facer risa dela. Eu que, contaba tres anos e vivía na inopia, ríame vendo aos señores de bigote con sombreiros tan estraños, pero tamén me acorda que aos maiores o asunto nada lles facía de graza e quen máis quen menos xa pensaba en facer turismo por Francia ou Portugal. Agora, pasado o tempo, os protagonistas do exabrupto militar dedícanse aos cultivos varios: Armada ás camelias, e Tejero coido que ás alcachofas. No entanto, Antena 3 fai ficción sobre puntos non aclarados da trama que padecen os fillos dos protagonistas case trinta anos despois de que os tanques saísen á rúa en Valencia. “23-F, historia de una traición”, pásase ás dez en Antena 3.