2.500 quilos de caramelos para endulzar a visita dos Reis Magos a Ferrol

2.500 quilos de caramelos para endulzar a visita dos Reis Magos a Ferrol

04 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Reis Magos de Oriente chegarán este martes, 5 de xaneiro, en barco a Ferrol para atender as peticións dos nenos e nenas da cidade. Da súa chegada á cidade informará hoxe o pregoeiro real, que a partir das 19.00 horas percorrerá ás rúas da cidade para anunciar a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar.

O paxe real sairá da Praza de Amboaxe, pasando polas rúas Arce, Real, Lugo, Galiano, Armas e Dolores, finalizando novamente en Amboaxe.

Mañá, as Súas Maxestades farán a súa chegada ao peirao de Curuxeiras ás 17.15 horas para a continuación, ás 18.00 horas, iniciar o seu percorrido polas rúas da cidade na Cabalgata que partirá da rúa Venezuela para percorrer a zona do Ensanche e da Magdalena ata o seu punto de destino: a casa consistorial na Praza de Armas. Un traxecto dunha duración aproximada de 120 minutos durante o cal se fará entrega de miles de caramelos -500 kilos deles procedentes de Comercio Xusto- para as persoas, de todas as idades, que queiran gozar con esta entrañable cita e prepararse para a que está considerada como a noite máis curta do ano: a noite das ilusións e dos soños.  

A cabalgata constará dun total de 11 carrozas, das cales tres serán ás correspondentes aos Reis Magos e as 8 restantes, de fantasía. Entre elas haberá dúas do Concello con temáticas de Solidariedade e Xuventude e, por primeira vez, unha dos vendedores dos mercados. Os seus compoñentes irán co vestiario propio do acto e os Reis, cos seus paxes adultos e infantís, ademais dos disfraces para os figurantes que integren as carrozas, que estarán acompañados por grupos de animación. Todos eles repartirán ao longo do percorrido arredor de 2.500 kilos de caramelos sen gluten para que poidan tomalos sen problema todos os nenos e nenas, especialmente aqueles celíacos. Así mesmo, entre carroza e carroza haberá bandas de música ou charangas de diversas modalidades e estilos.

O percorrido da Cabalgata será pola rúa Colombia, estrada de Castela, rúa Cataluña, Rúa Cuntis, Roi Xordo, rúa María, rúa Rubalcava, rúa Real, Méndez Núñez, Dolores e Praza de Armas. Unha vez alí, e cumprindo coa tradición, entrarán no Concello de Ferrol desde onde se dirixirán a todos os nenos e nenas da cidade que se congreguen na praza de Armas anunciando o reparto, esa mesma noite, dos regalos que lles pediron nas súas cartas. Posteriormente, recibirán a todos aqueles que o desexen para escoitar as súas últimas peticións.

Sociedade