ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Arranca o curso de intelixencia emocional organizado polo Concello de Fene para o alumnado dos centros educativos. A edil de área, Ana Novo, destaca a alta participación, que levou ao Concello a ampliar o número de prazas e a crear dous grupos.
Un total de 28 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos do Concello de Fene iniciaron onte á tarde os cursos de intelixencia emocional organizados pola Concellería de Ensino. Nos obradoiros favorecerase o desenvolvemento de habilidades de intelixencia emocional nunha contorna lúdica, descubrindo as emocións propias e como xestionalas, potenciando a autoestima e aprendendo habelencias sociais.
O curso consta de sete sesións a realizar na Aula de Cultura do Concello entre os meses de novembro e febreiro, e nel participan nenos e rapaces de entre 4 e 15 anos. Impárteo a psicóloga e coach Fátima García, así como a facilitadora María Cayón. Inclúe tamén unha charla coas familias dos nenos e nenas participantes.
A concelleira de Ensino, Ana Novo, acudiu á primeira sesión e valorou moi positivamente a demanda rexistrada, que obrigou a ampliar o número de prazas ofertadas inicialmente e tamén a crear dous grupos en función das idades.
Publica o teu comentario agora