3 valiosos puntos na Coruña

3 valiosos puntos na Coruña

27 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío sen tatabexar, mandou a lona ao adversario. Os goles de Alex Pita, Iñaki e Isma serviron para vencer con autoridade ao Victoria no campo grande de Elviña na Coruña. "Aproveitamos as ocasións, pero o Victoria é un equipo de xente nova, moi rápida que crearon perigo pero non acertaron" explicou o adestrador do Perlío Gonzalo Beceiro.

O primeiro gol chegou á media hora de partido, ainda que no minuto 44 o equipo coruñés logrou empatar o encontro aproveitando un gol da defensa visitante. Avanzada media hora da segunda parte, Iñaki acertou de novo na portería contraría. No tempo de desconto, Isma pechou cun gran broche o partido.

Alineación do Perlío: Oscar, Varo, Varela, Álvaro, Kike, Durán, Isma, Nacho, Alex Pita, Ramón e Maroño.

Banco: Santi, Chao, Aitor e Iñaki

Deportes