ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
30 anos cumpre a Feira do Viño de Amandi. Unha gran carpa cubrirá o recinto feiral que un ano máis atraerá ao Concello de Sober (Lugo) a numerosos visitantes este sábado 27 e o domingo 28 de marzo.
Calcúlase que máis de 20 adegas poñerán a disposición do público arredor de 10.000 botellas, segundo as cifras de anos anteriores. Amandi é unha das subzonas nas que se divide a denominación de orixe Ribeira Sacra. Chan granítico e de lousa predomina nas ribeiras do Miño e do Sil, superficie adicada ao cultivo da vide.
Para os tintos, predominan as uvas Mencía, Brancellao e Merenzao. Os viñedos ubícanse en terrazas situadas nos vales dos rios e caracterízanse por producir baixas colleitas de uvas dotadas de sabores moi concentrados. Os bancais son moi pequenos e caseque imposibles de mecanizar. En ocasións débense subir 400 metros por unha empinada costa, cun cesto de 20 ou 25 quilogramos ao lombo. Por iso denomínase a esta relixión, a viticultura heroíca.