30 anos pescudando na cultura popular do Brasil

30 anos pescudando na cultura popular do Brasil
22 de Novembro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

KátyaTeixeira é unha música de raíz. Cantora, instrumentista e compositora brasileira é, sobre todo, unha investigadora, unha pesquisadora incansable da cultura popular brasileira, una pescuda que queda plasmada inequivocamente nos seus traballos musicais. 

ESCOITA O PODCAST:

O respecto aos saberes e sonoridades dos mestres populares e das manifestacións auténticas do Brasil son o referente que Kátya imprime nas súas músicas. Das súas andanzas polo Brasil rescata saberes e sonoridades que incorpora a súa musicalidade, dende o respecto aos mestres populares e as manifestacións culturais do Brasil. 

Kátya Teixeira, que cumpre este ano 30 anos no mundo da música, e está compartindo esta experiencia cunha xira que a  ten levado por Europa coa que conmemora a súa traxectoria artística atopando amigos e trocando saberes. A xira estivo chea de concertos pero tamén de talleres formativos e gravacións que, a bon seguro, darán lugar a novos traballos.

Kátya Teixeira desenvolve a súa música bebendo na fonte da música latina, da cultura popular brasileira e súas orixes e achéganos toda esa riqueza nunhas pezas cálidas e poderosas. 

Fotografía: XanXe

Cultura

Comentarios

Muito lindo ver o reconhecimento da trajetória de 30 anos dessa grande artista, que busca na cultura popular a inspiração para as suas músicas e que foi a mentora do Dandô Movimento de Arte e Saberes Dércio Marques, do qual faço parte em Porto Alegre, RS, Brasil.
Nome: 
Vera Lúcia Remedi Pereira

Publica o teu comentario agora