30 pilotos xa son seguros no Slalom Scratch Fene

30 pilotos xa son seguros no Slalom Scratch Fene

01 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Escudería Scratch Fene espera que finalmente esta tarde se complete o listado ata chegar a uns 40 pilotos para participar este sábado no VI Slalom Scratch Fene. Neste momento son 30 os conductores apuntados, pero o prazo finaliza ás oito da tarde.

A escudería fenesa ten ademáis tres trofeos de seu: O Trofeo Feminino Fene Motor ; o Trofeo Debutantes e o ScrachtFene. Unha rapaza, Verónica Fraga, debutará no Ibiza, o coche escola da escudería, segundo declaraba en roda de prensa Fátima Ameneiro, encargada da organización do Slalom.

Unha pantalla instalada no circuito, dará conta dos tempos para que pilotos e público podan seguilos en directo. Esta é, segundo Fátima Ameneiro, unha das novidades desta VI edición, á que hai que sumar o aumento a duas mangas de adestramento e duas oficiais. 

O concello de Fene colabora coa proba, aportando material e persoal para que todo funcione. Desa colaboración falaba esta mañá a concelleira de deportes, Carmen Silvar, citando á Policia Local, a Preotección Civil e ao persoal de servizos do concello.

 

A escuridade da noite, os faros dos vehículos, a iluminación do polígono aportarán espectacularidade nunha carreira que aspira a ser de novo considerada como a mellor proba de Galicia. O Slalom é unha proba de velocidade pero tamén de pericia no volante. Os pilotos deben completar o circuito no menor tempo posible, sorteando os obstáculos distribuidos polo vial. Cada cono ou cada roda que tira, son 10 segundos máis de tempo que se acumulan polo que deben extremar a súa habilidade. As mangas de adestramento comezarán pola mañá e as de competición ás 18,30 horas no parque empresarial de Vilar do Colo (Fene A Coruña). Espéranse máis de 7.000 afeizoados ao mundo do motor de toda Galicia.

 

Sociedade