ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Todo un record, 300 cans e cadelas ocuparán esta fin de semana o pavillón a Xunqueira de San Valentín. Son os protagonistas do I Concurso Canino Concello de Fene que se celebra o sabado e domingo, dias 7 e 8 de febreiro.
É a primeira vez que Fene asina un convenio con Expogal para acoller un acontecemento deste tipo. O alcalde, Iván Puentes, explicou que é un reto do goberno fenés ampliar miras cara outros campos deportivos, como o da fatiga oncolóxica que puxo de exemplo ou este concurso canino. Puentes convidou aos veciños-as a pasar polo pavillón A Xunqueira para descubrir un mundo curioso, pola sua utilidade e beleza.
O programa comeza o sabado ás 5 da tarde coas exhibicións de agílity e cans de asistencia. Cans que fan deporte con nós ou cans que axudan aos seus donos minusválidos. Explíca en qué cosiste, un membro do Club Agílity de Compostela, Fernando Estévez.
O domingo, dende as 10 da mañán, desenvovlerase o concurso de beleza no que actuarán de xurado, Javier Agustín Guijarro, Tamar Troncoso e Isabel Peñas. Son 300 cans e cadelas de 60 razas, os insrcritos no concurso, todo un record, segundo o presidente de Expogal, Javier Dávila.