ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A LIV edición da Copa do Miño de Piragüismo terá lugar o vindeiro sábado 8 a partir das 17 horas e congregará a preto de 300 padexeiros nas augas do río Miño durante 17,5 quilómetros ao paso polas localidades de Lugo, Outeiro de Rei e Rábade. Este evento, que foi presentado hoxe no Pazo de San Marcos nun acto no que interviron o vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, mailo delegado da Área de Cu
Antón Bao, na súa intervención no momento da presentación, destacou que ao mencionar o número que acada a edición deste ano da proba de piragüismo xa abonda para darse conta da importancia da competición, e afirmou que, logo do descenso do Sella, “proba máis importante, con máis arraigo e tradición do Estado español". O vicepresidente da Deputación ratificou o seu apoio a esta proba “xa que contribuíu desde sempre a promocionar o deporte do piragüismo entre os lucenses”, un obxectivo que Bao sinalou “que é compartido pola nosa Área de Deporte, xa que neste camiño propuxemos o arranxo da escola de piragüismo da nosa titularidade (que se atopaba case en estado de abandono) cuxas obras e equipamento estará listo para comezar a funcionar unha vez remate o proceso de selección do persoal”. A escola de piragüismo prestará servizo tamén a deportistas doutras modalidades moi practicadas na cidade e na provincia de Lugo como o triatlón.
Antonio Veiga, delegado de Cultura e Deportes da Deputación, destacou que “desde a Área de Deportes da Deputación sempre imos dar o noso apoio decidido para a organización deste tipo de eventos e competicións deportivas xa que, ademais de constituír un punto importante de dinamización deportiva e promoción do deporte entre a poboación máis nova, son tamén un importante recurso turístico e económico para os concellos que atravesa a proba (Rábade, Outeiro de Rei e Lugo)”.
Na presentación da 54 Copa Miño de Piragüismo, que é puntuable para a “XV Copa Galega Ríos, Travesías e Maratón-2010”, ademais do vicepresidente da Deputación e o deputado da Área de Cultura e Deportes estiveron María Teresa Estévez, presidenta do Club Piragüismo Cidade de Lugo; César Sanmamed Lambas, representante da Federación Galega de Piragüismo; José Manuel Díaz Grandío, concelleiro de Turismo e Deportes de Lugo; José Manuel Rozas, xefe territorial da secretaría xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Pilar Méndez Lombao, concelleira de Cultura e Deporte de Outeiro de Rei; e Angel Lage García, tenente de alcalde de Rábade.