ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Plan de Calidade de Ferrol-Ortegal seguindo o modelo MACT (modelo de aproximación da calidade turística) chegou ao seu fin. Despois de máis dun ano de traballo 35 empresas e institucións de diversos sectores das dúas comarcas serán distinguidas con este distintivo, incluídos tres concellos polas súas oficinas de turismo (Ares, Cedeira e Ortigueira), o propio PDPT Ferrol-Ortegal e o Consorcio Pro-ferias e exposicións.
O Modelo de Aproximación á Calidade Turística é o conxunto de productos, instrumentos e metodoloxías que, dende a Secretaría de Estado de Turismo, se pon a disposición das empresas e servizos turísticos dos destinos. O obxectivo é facilitar o emprego progresivo de metodoloxías de xestión e mellora da calidade na prestación do servizo.
O distintivo de calidade turística ten unha validez dun ano, tras a cal faráse a consolidación do mesmo. É un distintivo recoñecido a nivel estatal outorgado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través da secretaría de Estado de Turismo. Os distintivos faránse chegar ás empresas por correo certificado, polo que a semana que ven lucirán estes distintivos de “Calidade Turística”. No vindeiro mes de setembro farase a entrega dos diplomas de participación. Esta actuación supuxo para o PDPT Ferrol-Ortegal un orzamento de 24.900,00€.