37 anos sen Lennon

37 anos sen Lennon

29 de Novembro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Acordes pola Paz organiza un concerto solidario para conmemorar o 37º cabodano de John Lennon. Terá lugar ou venres 1 de decembro ás 22h en sala Baba Bar de A Coruña. A recadación obtida a través da venda das entradas, que custan 5€, será destinada á ONG Ecodesarrollo Gaia. Actuarán os grupos locais Bule Bule Band, César Morán e Extrema Urxencia, todos eles comprometidos coa xustiza social. Os tres grupos interpretará

Neste caso, do mesmo xeito que o tres anos anteriores, a beneficiaria da recadación íntegra obtida neste concerto será Ecodesarrollo Gaia, unha organización non lucrativa que traballa con inmigrantes na cidade da Coruña e que desenvolve proxectos de cooperación na localidade senegalesa de Yoff.

Ecodesarrollo Gaia é unha organización sen ánimo de lucro para o desenvolvemento sustentable nada en 1992, e que debe o seu nome á acepción da palabra grega "Nai Terra". Esta ONG eríxese como organización ponte entre dous grupos humanos: a cidadanía inmigrante e a poboación de acollida. Neste marco, Ecodesarrollo Gaia axuda á xente inmigrante durante o seu proceso de integración na nova contorna, do mesmo xeito que leva a cabo proxectos de cooperación na localidade senegalesa de Yoff, como a posta en marcha da Escola Coruña ou o proxecto sanitario Coruña Cura. Trátase dunha ONG de codesarrollo e cooperación internacional integrada maioritariamente por voluntarios e cuxos servizos son gratuítos na súa totalidade.

Sociedade