4 xovenes mortos nun accidente de tráfico en Toques

4 xovenes mortos nun accidente de tráfico en Toques

22 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Nova xornada tráxica na circulación en Galicia. Arredor das 8 desta mañá produciuse un grave accidente de tráfico na localidade coruñesa de Toques. 4 xovenes do Concello de Friol (Lugo) faleceron no instante tras sairse da estrada e empotrarse contra unha árbore, o automóbil no que viaxaban, un BMW. O conductor do vehículo, de 29 anos, resultou ferido moi grave e permanece ingresado no Hospital Clínico de Santiago de Compostela. O sinistr

Os 5 xovenes procedían da vila de Melide, onde estiveran toda a noite de marcha. O vehículo caiu por un terraplén duns 20 metros. Unha equipa de bombeiros de Arzúa acudiu ao lugar atopandose cos 4 mozos atrapados e 1 xa fora do vehículo. O alcalde de Friol Antonio Muiña, ao coñecer a noticia, trasladouse á parróquia de Xiá, de onde eran naturais 2 dos 5 mozos, e púxose a disposición das familias. 

Accidente en Neda

 

Tamén esta madrugada produciuse outro accidente de circulación na AP 9 ao seu paso polo Concello de Neda. Un vehiculo precipitouse desde a autoestrada na saida do tunel do Sartego. Tres xovenes resultaron feridos de gravidade neste sinistro. Unha dotación dos Bombeiros de Ferrol tivo que intervir para excarcelar aos ocupantes do automóbil.

Sociedade