500 familias dependen do marisqueo

500 familias dependen do marisqueo

14 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Salón de Plenos do Concello de Fene albergou esta mañá unha xuntanza entre os patróns das confrarías de mariscadores de Barallobre, Ferrol e Mugardos cos representantes municipais. Á reunión, ademais do alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e os representantes dos demais grupos municipais, acudiu o alcalde de Mugardos, José Barcia e Roberto Rey, polo Concello de Neda. Os mariscadores cualificaron a súa situación de “dramática

A patrona maior da confraría de Barallobre, Virginia Souto, afirmou que non albiscan unha solución a curto prazo. Resulta urxente a instalación das depuradoras, explicou, para que se rexeneren os bancos marisqueiros o que redundaría no beneficio de toda a comarca. Souto destacou a importancia da recuperación do banco das Pías, o mellor de toda galicia.

Segundo o biológo, Joam Luis Ferreiro, o funcionamento da depuradora é necesaria para a eliminación das zonas C pero tamén para comezar o proceso de rexeneración. “500 familias dependen do marisqueo e de seguir así non terán para vivir”, subliñou.
O alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, propuxo a elaboración dunha moción na que asinen os mariscadores e os concellos da ría para amosar unha postura común ante as administracións. A proposta de Barcia foi aceptada por unanimidade co que se acordou presionar todos a unha.

Sociedade