54 tiradores participaron no IV Campionato de Tirapedras da Galiza Central de Melide

54 tiradores participaron no IV Campionato de Tirapedras da Galiza Central de Melide

20 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

De notable éxito pode cualificarse o IV Campionato de Tirapedras da Galiza Central celebrado en Melide onte e que supuxo o punto de inicio da IV Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide. Os eventos están organizados pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, co apoio do Concello de Melide e da Sociedade de Pesca Deportiva Ponte Mazaira. Entre os participantes atopábanse tanto melidaos e melidás residentes, como outras persoas que se encontran pasando as s

Os gañadores deste IV Campionato de Tirapedras da Galiza Central foron Adrián Rodríguez na categoría infantil e Manuel Taboada na de adultos. As actividades de xogos tradicionais continuarán na vila de Melide este venres coa práctica dun total de catorce modalidades lúdicas tradicionais en diferentes prazas do casco histórico. Como novidade da presente edición, inclúense exhibicións de lanzamento de Peóns (buxainas, trompos) minúsculos, construídos con croias de aceitunas, bugallos ou pinas. Xa na edición de 2009 tivera lugar unha exhibición de lanzamento dun dos peóns máis pequenos do mundo, de pouco máis de 1 centímetro de longo e de apenas 1 gramo de peso. Tamén esperta expectación o I Campionato de lanzamento de bólas (canicas), que pretende contribuír á recuperación do xogo con bólas, entre os cales destacou sempre na Terra de Melide a modalidade coñecida como “gua".

Páxina web da Asociación galega do xogo popular e tradicional:  www.agxpt.org

Deportes