60 puntos para o Burela FS tras vencer ao Brihuega

60 puntos para o Burela FS tras vencer ao Brihuega

07 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O Burela FS rematou esta tarde a competición regular da División de Prata do fútbol sala con 60 puntos tras vencer no pavillón de Vista Alegre por un tanteo de 6 a 0 ao Azulejos y Pavimentos Brihuega. Os laranxas deben agardar polos resultados do Galdar e do BP Andorra para saber se logran a cuarta praza, que lles permitiría xogar os play off de ascenso co factor cancha a favor.

Finalizada  a fase regular da Liga,o Burela prepara un novo intento de asalto á División de Honra. O equipo de Suso Rey só coñece a victoria desde a xornada 30, polo que asina un remate espectacular da competición. Agora a primeira eliminatoria do play off de ascenso disputaráse ao mellor de 3 partidos.

Deportes