7 traballadores morreron en accidente laboral no Astano de 1975

7 traballadores morreron en accidente laboral no Astano de 1975

19 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

7 traballadores de Astano morreron en accidente laboral ao longo do ano 1975, segundo denunciaba o boletín do xurado de empresa do estaleiro “A Voz do Traballo”. Sinalaba o voceiro que “a concentración de traballadores en zonas como máquinas, bombas e tanques, o apelotonamento en momentos de urxencia provocan con frecuencia graves accidentes”.O boletín publicouse ao longo de todo o ano 1976. Nel reflexábase a incesante actividade sindical que vivia

A imprensa de La Voz de Galicia na Coruña encargábase da confección deste periódico distribuido gratuitamente entre os empregados de Astano e das compañías auxiliares. Na presentación da revistaindícase que se pretende informar dos problemas da factoria e tamén da problemática xeral da clase obreira. O debuxante Xaquín Marín encargábase das ilustracións do periódico e do deseño da súa cabeceira. O voceiro xurdiu pola necesidade das clandestinas Comisións Obreiras de suplir a censura informativa que imperaba nos medios de comunicación oficiais.

 

O segundo número de “A Voz do Traballo” incluia un artigo titulado “In memoriam”, adicado aos sucesos de Ferrol de 1972. Sinálase que “o 10 de marzo non foi senón o froito da carencia total de liberdades cidadáns, así como a dun sindicato que realmente represente os intereses da clase obreira”. O goberno civil censurou ese manifesto, pero o xurado de empresa de Astano fotocopiouno e o repartiu a todo o plantel. O periódico tiña unha calidade estética extraña nas publicacións sindicais e políticas da época. Pero era así, xa que “A Voz do Traballo” nominalmente era editado polo xurado de empresa. A información do estaleiro e dos talleres, de utilidade para os empregados de Astano misturábase cos máis variados temas políticos. O periódico pretendía ofrecer aos lectores unha visión xeral da situación que se vivía tras a morte de Franco. As poesias de Celso Emilio Ferreiro, Uxio Novoneira e Manuel María tamén aparecían nas páxinas da “Voz do Traballo”.

Sociedade