700 fíos de espontaneidade musical no MARCO

700 fíos de espontaneidade musical no MARCO

21 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O compositor e guitarrista Pablo Rega dirixirá a un ensemble de 11 improvisadores no MARCO de Vigo este domingo 26 de abril, no que será unha experiencia sonora única. Unha agrupación semellante a unha pequena orquestra de cámara, con once músicos, en rigoroso acústico, actuarán conducidos polo guitarrista e improvisador no espectáculo 700 Fíos, unha sesión verm&ua

O proxecto xorde a proposta do colectivo de improvisadores de Vigo que, desde hai meses e a través das denominadas Sesións H.A.L.O., estan a constituír unha escena musical na cidade na que a mentalidade artística prima sobre calquera outro elemento e cuxa contorna, como eles mesmo din, sitúase no underground."Música espontánea dirixida, coas posibilidades sonoras mais crúas e humanas, o corpo e o instrumento coma un só elemento, nun espazo neutro e nobre", sinalan.

Pablo Rega, que dirixe 700 fíos o vindeiro domingo 26, foi un dos fundadores de OmeGa (Orquestra de Música Espontánea de Galiza) e un dos seus principais directores. Dirixiu tamén durante anos a BIB (Banda de Improvisación de Barcelona). É un dos nomes de máis prestixio dentro da escena da improvisación libre na península. En 2014 participou no 10º Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons".

Cultura