70853, o número máxico de Negreira

70853, o número máxico de Negreira

26 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Ao líder do Partido Blanco de Negreira, o ex alcalde José Blanco Pazos, non hai quen o pare na súa loita á alcaldía nos vindeiros comicios municipais. O inigualable Blanco prepara un esprint final da súa campaña electoral á americana. Así, anuncia o agasallo de dúas rifas a cada familia da vila co que entrarían no sorteo dun apartamento, un coche Mercedes Benz, unha viaxe a Mallorca e 6 mil euros en metálico.

O Partido Blanco de Negreira prepara coidadosamente este golpe de efecto. Repartirán dúas participacións de Lotería de Nadal, de 35 céntimos cada unha, a cada familia do Concello de Negreira, gardando un bó remanente que depositarán no banco. Esta cantidade extra de décimos, segundo apunta Blanco Pazos, contribuiría a sufragar o sorteo dun piso, un turismo de alta gama, unha viaxe e un gorentoso premio en metálico.

A historia non adoece de truco xa que o o décimo afortunado, o 70853, tería que coincidir co número gordo do sorteo de nadal ou co gañador do primeiro premio do día seguinte, 23 de decembro, explicou Emilio Forján, de Radio Negreira. Ademais, indicou Forján, a redacción no boleto non aclara correctamente os presuntos agasallos que se poderían acadar. O que está certificado é que Blanco Pazos axiliza o maxín para facerse de novo coa alcaldía de Negreira.

Institucional