78 vítimas mortais e 141 feridos

78 vítimas mortais e 141 feridos

25 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

78 falecidos e 141 persoas ingresadas nos centros hospitalarios. Ese é o balanzo ofrecido esta mañá polo alcalde de Santiago Angel Currás, despois do accidente ferroviario acaecido ás nove da noite de onte no lugar de Angrois. O primeiro rexedor apuntou a un exceso de velocidade como a posible causa do descarrilamento do tren.

A Policia científica identifiou xa a 17 vítimas coas pegadas dactilares. Vanse trasladar aos hospitais para proceder a realizarlle a autopsia. Os corpos colocáronse no Multiusos Fontes do Sar, mentres que os familiares reciben información no edificio Cersia ubicado na zona de San Lázaro.

O ferrocarril circulaba entre Madrid e Ferrol. Minutos antes das 9 da noite, produciuse un descarrilamento nunha curva pronunciada ubicada a 4 quilómetros da estación do tren de Santiago de Compostela. Na zona a velocidade está limitada a 80 quilómetros por hora. Renfe e ADIF puxeron en marcha unha comisión de investigación arredor das circunstancias do sinistro.

 

Sociedade