8 membros da ApU e 7 dos quintanistas forman a executiva do BNG

8 membros da ApU e 7 dos quintanistas forman a executiva do BNG

10 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A unidade, a cohesión, unha mensaxe para a sociedade galega de oposición nítida ao Partido Popular, o respeto para as minorias e a lealdade coas decisións adoptadas. Ese foi o denominador común de todas as sensibilidades expresadas na Asamblea Nacional Extraordinaria celebrada hoxe en Santiago de Compostela polo Bloque Nacionalista Galego. A Executiva Nacional da formación quedará composta por 8 membros da candidatura da Alternativa pola Unidade (1189 votos,

O portavoz nacional será o concelleiro de Pontevedra Guillerme Vázquez. No Consello Nacional obtivo 23 postos a ApU, 18 +BNG, 7 a candidatura do Encontro (encabezada por X.M Beiras) e 2 de Máis Alá.

 

A Asamblea do BNG realizou unha autocrítica dos erros cometidos na Xunta de Galicia e reafirmou os compromisos de alternativas para o sector leiteiro e mais para a poboación máis afectada pola crise económica e o desemprego. Igualmente renovou o seu compromiso de conexión cos movementos sociais. 

 

O novo portavoz nacional de BNG, Guillerme Vázquez, na súa intervención de clausura da Asamblea asegurou que, do cónclave, sae un "só" Bloque, polo que apelou a "todos" a traballar unidos para constituír unha "alternativa" ao PPdeG, porque "non sobra ninguén". No seu primeiro discurso tras ser elixido como líder do Bloque, Vázquez afirmou que o seu obxectivo sempre foi "a unidade e a fraternidade" no seo da formación nacionalista. Fixo votos por unha política de "confianza e lealdade" entre as sensibilidades frontistas.

Durante a súa intervención, afirmou que deixará a pel e que percorrerá as rúas e vilas de toda Galicia para conectar a formación frontista coa sociedade e "recuperar o electorado que se perdeu e que tivo ao BNG como referente" no pasado, á vez que para "derrotar" ao PP.

 

Guillerme Vázquez (Pontevedra, 1952) é independente dentro das filas nacionalistas, pero encabezou a candidatura auspiciada pola UPG nesta Asemblea Extraordinaria, convocada para renovar a dirección tras a dimisión en bloque da Executiva polos resultados electorais adversos do 1 de marzo. Licenciado en Medicina, a súa traxectoria política esténdese desde o Congreso dos Deputados ao Parlamento galego, e actualmente é concelleiro de Seguridade Cidadá no Concello de Pontevedra.

 

A candidatura da ApU á Executiva Nacional finalmente integrou a Rafael Villar (do Movemento Galego ao Socialismo) no posto número 7 polo que tamén estará no máximo órgano de dirección do Bloque. Non terá presenza nese órgano o Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras. 

Sociedade