860 británicos chegan de alta mar para visitar Ferrol

860 británicos chegan de alta mar para visitar Ferrol

27 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cruceiro Boudicca chegará mañá a Ferrol, procedente do porto de Leixoes, en Portugal. O buque que conta con 860 pasaxeiros británicos e más de 300 membros de tripulación atracará ás 8 da mañá. A visita durará 10 horas e posteriormente a embarcación partirá con destino Bilbao.

Nese tempo, os pasaxeiros poderán coñecer o entorno, desfrutar da rica gastronomía ferrolá e pr suposto realizar compras pola cidade. Estes 860 turistas que enchen o cruceiro terán á súa disposición un servizo de autobuses para poder desprazarse ao centre e tamén poderán informarse da oferta de lecer na caseta de turismo que se instalará no peirao.

O cruceiro con bandeira das Bahamas atracará de novo en Ferrol o vindeiro 6 de novembro.

Sociedade