90 anos da Sociedade Instructiva Hijos de Limodre

90 anos da Sociedade Instructiva Hijos de Limodre

06 de Outubro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

En cuestión de días a parroquia de Limodre- Fene- lembra aos emigrantes a Cuba que fundaron a Sociedade de Instrucción Hijos de Limodre, o 18 de outubro de 1925, segundo reza na acta de constitución.  Estamos polo tanto no 90 aniversario e a AVV vaino festexar dun xeito sinxelo pero no que se lembre a todos os que ao longo do tempo presidiron esa Sociedade. A VV empezará os actos o sábado 17 de outubro (21,30h) celebrando unha festa de ex-alumn@s que esta

A maiores dos actos do 90 aniversario, a AVV de Limodre ten outros proxectos inmediatos. O primeiro a celebración do Samaín, segundo a intención de recuperar as festas populares, segundo nos conta o directivo, Tano López Iglesias. No mes de novembro, o sábado 14, repetiran co baile 100 por 100 cos Cempés, unha divertida xornada interxeracional que celebrarán por segunda vez este ano. Aínda outra iniciativa da nova asociación veciñal será recuperar as festas patronais con verbena incluída e na rúa, segundo Guillermo Vázquez.

A AVV de Limodre ten as escolas en marcha xa pero abertas à participación durante todo o curso. Ademais continuará coa celebración puntual das denominadas “barferencias” que non son outra cousa que conferencias no bar da entidade sobre temas do máis diverso.
 

Sociedade